Newsletter

BeWelcome – Boletín de maio de 2023

BeWelcome – A Maior Comunidade de Hospitalidade Libre

 

Ola anonymous, 

 

As viaxes volven producirse e que mellor forma de vivilas viaxes que facer novas amizades no lugar ao que viaxas. Tódlos días, BeWelcome crea experiencias memorables, amizades e conexións que probablemente durarán toda a vida, porque moitas persoas da nosa comunidade non perderon esa paixón por viaxar e vivir novas experiencias. Tanto se hospedamos, como se nos aloxamos con alguén ou nos reunimos, podemos ter 18 ou 87 anos para facelo.

 

Grazas por facer parte de esta comunidade crecente e en constante desenvolvemento que temos. Neste boletín poderás saber máis cousas sobre os encontros, sobre como manter o contacto con Instagram, e algúns consellos de como usar BeWelcome. 

 

Felices viaxes, hospedaxes e contactos,  

 


 

Contidos:

 

  •  Encontros de BeWelcome en todo o Mundo
     
  •  A nova canle de Instagram!  @bewelcome
     
  •  Algúns consellos de seguridade importante para as persoas que hospedan
     
  •  Campaña de Doazóns
     

 

Encontros de BeWelcome en todo o Mundo 

 

A cada paso está habendo encontros de BeWelcome, pero moitas persoas non se decatan de que están tendo lugar. Facer parte de BeWelcome non se limita só a hospedar ou aloxarse con alguén, senón que moitas persoas membro gustan de reunirse en pubs, cafés, parques, casas, restaurantes, praias, ou barcos, por nomear algunha das opcións. Podes crear actividades ou descubrilas en https://www.bewelcome.org/activities/upcoming

Aquí hai algunhas fotos de encontros que tiveron lugar en todo o mundo.

Na foto un grupo de BeWelcome reúnese en Brasil  para unha clase compartida de Ioga: 

 

Embedded image



Aquí en Serbia, grandes grupos xúntanse para intercambios culturais e de idiomas: 

 

Embedded image

    

Aquí un encontro habitual en Dusseldorf que ten lugar cada venres

 

Embedded image

 

Queres atopar ou crear o teu propio evento? Consulta aquí as actividades 

 


 

Nova Canle de Instagram @bewelcome

 

Despois de algúns intentos ao longo de anos, finalmente fomos quen de reclamar o identificador de Instagram @bewelcome ! O antiguo instagram @bewelcome.hospitality xa foi retirado. 

Podes ver historias e experiencias divertidas no noso Instagram aquí e non dubides tamén en etiquetar as túas fotos e vídeos con #bewelcome

Ademais, se queres que vexamos o activa que está a comunidade de BeWelcome por favor, envíanos unha mensaxe a instagram@bewelcome.net ou a media@bewelcome.org coas túas fotos. Tamén é benvida unha ligazón ao sitio onde podamos atopar os teus vídeos. Por favor, menciona onde queres que publiquemos as túas fotos: Facebook, Instagram, Twitter ou no noso próximo boletín.

 


 

Algúns Consellos de Seguridade Importantes para as Persoas Anfitrioas

 

A afluencia de novas persoas membro doutra plataforma de intercambio de hospedaxe atraeu non só boa xente senón algunhas malas herbas. Desafortunadamente, descubriuse unha ladroa en serie que comezou a usar BeWelcome. Se tes pensado hospedar alguén, o equipo de seguridade de BeWelcome ten algúns consellos:

  • Adica un tempo a ler o perfil da persoa que potencialmente vas hospedar. Non debes sentir presión para dicir que si a solicitudes no último minuto.
     
  • O teu ou a túa hóspede potencial ten algún comentario doutras persoas no seu perfil? Que din desa persoa? 
     
  • A persoa a quen invitaches é recoñecible nunha foto? Se non: ten un pouco máis de coidado, e sempre podes facer unha foto coa persoa que aloxas ao principio (iso sempre é unha boa idea). 
     
  • Non simplemente agaches os obxectos de valor en algún sitio entre as túas outras cousas - colócaos nun lugar realmente seguro.  Os obxectos de valor non son só diñeiro en efectivo ou aparellos electrónicos como tabletas, cadernos ou cámaras, senón tamén recordos que son importantes para ti.
     
  • Se tes algunha dúbida, entón non hospedes a persoa, ou simplemente pon fin á experiencia de hospedaxe. 
     
  • Sempre é bo responder as solicitudes de hospedaxe no sistema de mensaxería BeWelcome. Deste xeito, en caso de problemas con algunha persoa membro, o Equipo de Seguridade pode avisarte e poderás demostrar con máis facilidade o discutido e acordado.
     
  • Entrega as chaves só cando sexa necesario e realmente confíes na persoa que hospedas. 
     
  • Informa de problemas ao Equipo de Seguridade ou escribe un comentario no perfil tan pronto como sexa posible. 
     

Lembra sempre: A hospitalidade é un agasallo que ti entregas voluntariamente e non inclúe obrigas morais. 

 


 

Campaña de doazóns

 

BeWelcome funciona cun pequeno orzamento duns 5.000 euros anuais porque TODO o traballo é realizado por persoas voluntarias non remuneradas. O que aínda ten que pagar BeWelcome son, por exemplo, os custos do servidor e o rexistro de dominios.

 

Cada ano, a Asemblea Xeral de BeVolunteer, a entidade legal da nosa comunidade, decide o orzamento para o ano que vén, e establece un obxectivo de doazón. Hai algúns anos, BeWelcome recibiu unha gran doazón, que permitiu que o noso orzamento fose moi baixo durante moitos anos. Agora, para este ano 2022 - 2023 o obxectivo de doazón reflicte os verdadeiros gastos orzamentados: 4.912 euros. Polo tanto, se podes:


   Por favor, doa!

 

Por último, o que BeWelcome necesita, máis que diñeiro, son persoas voluntarias! Se tes algunhas horas libres e tes ánimo de facer avanzar a nosa comunidade, comunícate coa persoa de contacto da túa área de interese.

  Axuda a BeWelcome 

Temos ideas estupendas para mellorar o noso sitio web e a aplicación móbil, e necesitamos axuda para desenvolver e implementar estas funcións para que todas as persoas da nosa comunidade poidan beneficiarse. Ven, únete á familia.

 

Grazas por ler

 

O teu equipo de comunicación

 

Embedded image