Newsletter

Boletín de BeWelcome de xuño de 2026

Ola anonymous, 

 

Tes ganas de viaxar?  Ansia de saír por aí e facer un roteiro na montaña?  Ou probar comidas únicas… beber algo que non probaches nunca?  Coñecer novas amizades que nunca viches antes?

Si, entendémoste perfectamente. 

 

Como persoa membro de BeWelcome, se non estás viaxando neste intre, tal vez poidas hospedar na túa casa persoas que viaxan.  Sabemos que os tempos non sempre son fáciles.  Mais a comunidade BeWelcome mantivo os seus valores nos últimos 20 anos.  É vibrante e diversificada e defende a hospitalidade libre, gratis e aberta, a igualdade e o respecto.

 

O noso segundo boletín informativo do 2026 comparte historias e consellos para usar o BeWelcome con éxito e crear as túas propias experiencias únicas.

 

Boas hospedaxes, boas viaxes e boa lectura

 

Índice:

 

  • O primeiro hóspede de Inemine en BeWelcome
  • BeWelcome ten un Novo Deseño
  • Café Virtual Online
  • Consellos e trucos para gozar mellor de  BeWelcome
  • Doa o teu tempo, ou fai  Doazón financeira.  

 

Inemine recibiu o seu primeiro hóspede no BeWelcome

  

Embedded image

 

“Estou rexistrada en BeWelcome dende fai uns dous anos e tiven un par de solicitudes que por desgraza tiven que rexeitar. Agora, finalmente, hospedei o meu primeiro hóspede",  di a BeWelcome  Inemine de Alemaña.  O seu primeiro hóspede foi Václav, un estudiante da República Checa. Estivo viaxando por Alemaña durante unha semana e usou por primeira vez BeWelcome para esta viaxe.  “Foi un hóspede perfecto: Amigable, aberto de mente, e moi interesado en Alemaña. Tamén fala ben o alemán, xa que o está estudando. E eu tamén aprendín moito sobre o sistema estudantil e as tradicións da República Checa. Xa teño gañas de recibir a próxima persoa que hospede. É unha gran oportunidade de coñecer xente e aprender sobre outras culturas e perspectivas e probar novos tipos de chocolate.”

 


 

BeWelcome Ten un Novo Deseño

 

Embedded image

Temos o orgullo de anunciar que o BeWelcome estrea un novo deseño!  A páxina de inicio tras pechar sesión agora presenta unha vista actualizada e optimizada para móbiles, facendo que a plataforma sexa máis fácil de usar en tódolos aparellos.

 

Así mesmo, tanto o “Menú de Cabeceira” como o “Menú de Rodapé” deseñáronse de novo. As iconas dan a BeWelcome un ar máis fresco e moderno.

 

Embedded image

Este novo deseño foi posíbel grazas ás persoas voluntarias, e isto só é o comezo…  Hai máis cambios no deseño en  camiño.  As próximas actualizacións centraranse na “Páxina de Perfil” e na “Páxina de Debate”, continuando os nosos esforzos por crear unha experiencia máis intuitiva e visualmente consistente para calquera.

 


 

“Café” Virtual Online

 

Durante a pandemia de 2020/2021, cando o mundo non podía viaxar, lembrámonos de algo esencial: o encontro entre persoas é importante. Axúdanos a comprendérmonos, a construír amizades, e a sentírmonos parte dunha comunidade viva. Daquela, tiñamos reunións semanais en liña. Está claro que nada substitúe os encontros no mundo real, pero as reunións en liña axudan a superar distancias, a conectar persoas con intereses comúns e moitas veces son un primeiro paso para estancias na vida real. 

Para manter este espírito vivo, traemos de volta o  Café Virtual de BeWelcome en Liña.  É un lugar para coñecer persoas viaxeiras, anfitrioas experimentadas, e voluntarias; un espazo amigable para falar compartir e estarmos conectadas. 

 

Reserva as datas e únete:

  • Cada segundo domingo de mes ás 21:00 CEST / 15:00 EDT / 4:00 JST 
  • Cada cuarto domingo de mes ás 9:00 CEST / 3:00 EDT / 15:00 JST 

Queres participar?  Aquí atoparás as ligazóns e detalles dos vindeiros eventos:

Agardamos coñecerte en liña!

 


 

Consellos e trucos para gozar mellor de  BeWelcome

 

 

  • A Hospitalidade é un agasallo que dás voluntariamente. Nunca é unha obriga. 
     
  • Sempre é bo termos unha solución alternativa. Se tes dúbidas ou un mal presentimento, non hospedes nin quedes con esa persoa, ou peches unha experiencia de hospedaxe. 
     
  • Mantén o teu perfil actualizado.  Unha foto clara e unha descrición individual axudan outras persoas a escribir ou aceptar solicitudes. Comproba o teu perfil e mira se é preciso actualizar algo. Quizais algo mudou ao longo do tempo...
     
  • Non hai obriga de aceptar solicitudes, incluso se son no último minuto. Sempre podes pedir máis información antes de tomar unha decisión. 
     
  • Animámoste a que respondas todas as solicitudes lexítimas, incluso se só usas o botón “declinar”.  Se consideras que a mensaxe é inadecuada, por favor, denúnciaa.
     
  • Os comentarios son o recurso de seguridade esenciais. Léeos, porque din moito das experiencias coas persoas anfitrioas ou hospedes. Está claro que todo o mundo ten que comezar en algún punto. Consigue o teu primeiro comentario recibindo á primeira persoa hospede, xúntate con outras persoas en Actividades ou Viaxes, ou fai de guía local a unha persoa que viaxe. 
     
  • Tes dereito a pedir ver o documento de identidade da persoa que aloxas Se iso che causa unha sensación estraña convérteo nun xogo : “Feliz verificación de identidade” , mostrando primeiro o teu documento de identidade e ríndovos das fotos graciosas. Podes engadilo como un requirimento á hospedaxe no teu perfil. 
     
  • Ten coidado coa xente que che pide inmediatamente comunicarte por fóra de BeWelcome.  Facer iso non é seguro, e polo tanto vai en contra dos Termos de Uso.  Ao manter a conversación no sistema de mensaxería de BeWelcome axudas ao noso Equipo de Seguridade a avisarte en caso de que teñamos coñecemento dun problema con esa persoa membro.  
     
  • Se saes da casa, podes pedir á persoa que hospedas que saia tamén e acordar un horario para reunirvos ou informala da hora á que pode volver. Nunca debes sentir a obriga de dar unha chave ou de deixar que as persoas que hospedas fiquen soas na casa. 
     
  • Comunica os problemas rapidamente ao Equipo de Seguridade ou escribe un comentario no perfil.

 

Doa o teu tempo, ou fai  Doazón financeira 

 

Grazas a todas as persoas axudan, que nos dan apoio e que colaboran, e tamén polas doazóns financeiras deste ano. Non conseguiriamos facer isto sen o apoio de cada unha de vós. Desfrutemos dunha excelente temporada de “experiencias” e xuntémonos, divirtámonos e conectemos entre nós, porque podemos facelo en calquera momento e en practicamente calquera lugar, coa nosa comunidade BeWelcome de persoas viaxeiras, buscadoras e cheas de alegría.

  

 

Desexámosche Felices Viaxes

E encontros enriquecedores!

 

O teu Equipo de Comunicacións de  BeWelcome