Newsletter

Boletín de BeWelcome de setembro de 2026

Ola anonymous, 

 

Ao longo do ano as persoas que facemos parte de BeWelcome de todo o mundo viaxamos, hospedamos, facemos xuntanzas e compartimos experiencias. Esperamos que o feito de que fagas parte de BeWelcome axudase a facer algunha das túas viaxes e encontros máis pracenteiro, e quizais conducise a facer novas amizades e a ter momentos memorábeis ao longo do camiño. 


Se BeWelcome contribuíu a mudar positivamente a túa vida, por favor ten en consideración como ti tamén podes axudar a manter a nosa comunidade en marcha e contribuír ao seu crecemento. Atopa máis sobre isto ao final do boletín. 

 



Índice:
 

  • A intelixencia artificial aféctanos a todes
  • Mantente alerta: protexendo a nosa comunidade de BeWelcome
  • Entre bastidores: Que fai falta para que BeWelcome sega en andamento
  • Precisamos dos vosos comentarios

A intelixencia artificial aféctanos a todes

 

A intelixencia artificial está a volverse parte do noso día a día, e BeWelcome non é unha excepción. Non queremos impedir que as persoas que fan parte de BeWelcome fagan uso dela. Pode ser de utilidade traducindo, escribindo ou comprendendo unha linguaxe. Pero por favor, úsaa con responsabilidade.

 

Pénsao dúas veces antes de compartir contido do teu perfil 

Se copias ou escaneas o perfil doutra persoa membro, comentarios, ou outra información persoal cun servizo de intelixencia artificial, poderías estar actuando en contra das nosas Condicións de Uso. Estás enviando información persoal a unha terceira parte, onde podería ser almacenada ou usada para mellorar os sistemas da IA. A información remitida aos servizos da IA pode potencialmente volverse accesible a través dos seus sistemas de xeitos que non poidas controlar. 

 

Por favor lembra: só porque a información sexa visible en BeWelcome no significa que deba ser proporcionada a outro servizo. 
 

Mantén a túa comunicación auténtica

A tradución con IA pode tamén crear problemas. Se os teus textos traducidos dan unha falsa impresión das túas habilidades lingüísticas, iso podería dar lugar a unha sorpresa e a unha experiencia de aloxamento desagradable. Se escribes coa axuda de ferramentas de tradución, dio. 

Por favor le os perfís e comentarios en por ti e fai as eleccións persoalmente. BeWelcome trata de vínculos humanos e non de análises de perfís automatizadas. 
 

Iso mesmo tamén é verdade para a descrición do teu perfil e para os teus comentarios. Non listes línguas nas que non podes comunicarte. As diferentes versións lingüísticas do teu perfil poden amosar o teu nivel de linguaxe. Non é necesario que estean á par unha e outras. Amosa quen es ti realmente; as persoas non van ser hospedadas pola IA. 
 

Se usas a IA, mantén a información remitida anónima. En vez de copiar un perfil enteiro, usa só as partes relevantes sen nomes, datos de contacto, localidades, ou outra información identificable. Isto non é só máis seguro para a privacidade; tamén pode producir mellores resultados coa IA. Menos información irrelevante significa unha solicitude máis clara e dá á IA unha mellor oportunidade de centrarse no que é importante. 
 

Usa a IA como ferramenta, pero mantén BeWelcome persoal.

 



Mantente alerta: protexendo a nosa comunidade de BeWelcome

 

A IA está facendo as cousas máis doadas, pero desafortunadamente tamén está facendo que os estafadores podan operar máis facilmente. Como outras plataformas online, estamos vendo actualmente un número cada vez maior de contas sospeitosas e de mensaxes creadas coa axuda de ferramentas de IA. 

Contas falsas que se fan pasar por BeWelcome enviaron mensaxes a persoas membro solicitando unha verificación inmediata da identidade ou da tarxeta de crédito. Así non é como opera BeWelcome.
 

BeWelcome é gratis para todes, mantida polas súas persoas membro e voluntarias coa axuda de doazóns. Ti non tes que pagar polo uso da plataforma, e BeWelcome non che pide que verifiques a túa identidade por medio dunha tarxeta de crédito ou datos bancarios. 

 

Por favor, ten especial coidado coas mensaxes que crean unha sensación de urxencia, ou que conteñen ligazóns sospeitosas. Calquera ligazón que non se dirixa ao dominio bewelcome.org probablemente é unha fraude!

Un punto importante: recibirás unha notificación de “message@bewelcome.org” para tódalas mensaxes enviadas por outra persoa membro de BeWelcome. Polo tanto só o enderezo ou un perfil que pareza oficial no proba que a mensaxe sexa auténtica: pode ser dun perfil falso. 
 

Os únicos perfís oficiais usados polos equipos de persoas voluntarias son “SafetyTeam” e “ForumModerators”: calquera outro perfil tratando de parecer oficial é falso. Pode que unha persoa do noso equipo de voluntarias se poña en contacto contigo usando su perfil persoal, pero en caso de dúbida, accede á túa conta de BeWelcome e comproba o perfil antes de responder! Ou pide que cho confirmemos usando a ligazón de “Contacta con nós” na páxina de BeWelcome (ao pé de cada páxina da web).

Como podes axudar?
 

  • Se recibes unha mensaxe sospeitosa e o perfil é aínda visible (por exemplo aínda non foi desactivado), por favor márcao como spam usando a ligazón da mensaxe. Non respondas, non fagas clic en ligazón sospeitosas nin proporciones informacións de pago. 
     
  • Como precaución adicional, non envíes ligazóns ou números de teléfono na túa primeira contestación a alguén que non coñezas. Agarda ata recibir una resposta sincera e ten confianza en que os contactos posteriores serán apropiados. Por favor segue as nosas condicións de uso aquí: Terms of Use.
     
  • Os nosos equipos de Seguridade e de Desenvolvemento traballan arreo para identificar e bloquear timos rapidamente. Os teus avisos axudan a protexer a toda a comunidade. 
     

Estate alerta, confía no teu instinto, e axúdanos a manter seguro BeWelcome para todo o mundo.
 


Entre bastidores: Que fai falta para que BeWelcome siga en funcionamento

 

BeWelcome é gratis para todo o mundo porque todo o traballo é realizado por persoas voluntarias, pero manter a plataforma en liña comporta uns custos reais. Necesitamos de 3.000 € a 4.000 € ao ano aproximadamente, principalmente para os servidores e outras infraestruturas técnicas. Estes gastos fináncianse completamente mediante doazóns da nosa comunidade. 

 

No intre de escribir isto, acadamos pouco máis do 64% do noso obxectivo de doazón anual. O noso ano financeiro remata o trinta de setembro, e polo tanto aínda hai un burato que pechar. 

 

Non iremos á bancarrota se terminamos o ano cun déficit, pero un orzamento axustado dános máis liberdade para a planificación e o investimento en lugar de manter as reservas para cubrir os custos anuais. Se che gusta viaxar e poñerte en contacto con outras persoas a través de BeWelcome, por favor considera facer una pequena doazón.  

 

Doazón

 

Podes facer o seguemento das doazóns, que se actualizan regularmente, na portada de BeWelcome.

E se tes tempo, habilidades, ou ideas para compartir, considera a posibilidade de xuntarte a un dos nosos equipos de persoas voluntarias.  

 

BeWelcome existe grazas á súa comunidade!

 



Precisamos dos vosos comentarios
 

Estivemos compartindo novas de BeWelcome, consellos e historias nos boletíns normalmente dúas ou tres veces ao ano. 

 

Gustaríanos saber a túa opinión: Encontraches estes boletíns útiles e interesantes, ou hai outras cousas que quererías que compartísemos? Quizais hai algo que che gustaría compartir coa comunidade? 

 

Dínolo en survey@bewelcome.org 

ou no Formulario de contacto, na categoría: “Comentario xeral”!

 


Grazas por lernos, 

Desexámosche sempre viaxes felices e encontros marabillosos!

O teu equipo de Comunicacións